A Xunta non apoiará a mina de feldespato de Xinzo

Así o asegurou o líder do executivo quen apelou ao "cumprimento da lei" para rexeitar a mina de feldespato na Limia. A oposición exixe "a retirada do Plano sectorial de actividades extractivas" se é certo "que quere cumprir a lei"

O presidente da Xunta anunciou en resposta á vice-portavoz de AGE que o goberno galego non aprobará a instalación dunha mina de feldespato en Xinzo de Limia por non "cumprir a lei". 

BNG, AGE e PSdeG exixiron á Xunta a parálise do Plan sectorial de actividades extractivas se é certo que o presidente "quere cumprir a lei"

Porén, Alberto Núñez Feijóo defendeu os proxectos de extracción mineira como xeradores de emprego e riqueza para Galiza polo que non paralizará o Plano sectorial de actividades extractivas como exixen os grupos da oposición.

BNG, AGE, e PSdeG denuncian que o proxecto normativo presentado "incumpre a lexislación vixente" e nace "cun pecado orixinal" que é "estar feito só pola Cámara da minaría". 

"As portas de GZ están abertas a todas as propostas que cumpran as regras" afirmou o presidente da Xunta abrazando a instalación de minas e canteiras sempre e cando "estean suxeitas á lei". Neste senso, remarcou "Corcoesto terá que cumprir" todos os requirimentos dun marco normativo que devirá cada vez máis laxo cun Plano sectorial que pretende "dar carta verde" ao poxecto da comarca de Bergantiños --denunciou Carme Adán polo Bloque Nacionalista Galego. 

Comentarios