venres 03/12/21

A oposición denuncia a "manipulación" na TVG e o PP responde cun "e ti máis"

O BNG reclama unha comisión de investigacións a respecto das denuncias realizadas polo Comité de empresa. O PSdeG pide o cesamento da dirección de informativos.
TVG
TVG

Esta terza feira [email protected] da TVG denunciaban a través dun comunicado de imprensa teren sufrido "presións" e "intervencións" por parte da dirección da empresa a respecto da información sobre os escándalos de corrupción que envolven o PP: a operación Pokemon e o caso Bárcenas. Os grupos parlamentares do BNG e o PSdeG veñen de se facer eco das denuncias [email protected] traballadoras e traballadores da corporación e de presentaren sendas propostas no Parlamento á fin de o Goberno galego asumir responsabilidades.

Entrementres a deputada do Bloque, Montse Prado rexistrou unha pregunta dirixida ao executivo de Alberto Núñez Feijóo en que demanda unha investigación formal arredor da denuncia emitida polo Comité de Empresa; o PSdeG vai para alén diso e exixe a demisión da dirección da TVG argüíndo que "actúa máis como un medio ao servizo exclusivo dos intereses do PP" do que como un "medio de comunicación público.

PSdeG e BNG fanse eco das denuncias de presión [email protected] traballadoras e exixen responsabilidades

"É moi grave que o comité teña que chegar á situación de emitir un comunicado", denunciou Prado, nun momento en que a "sociedade demanda con máis forza coñecer a realidade dos feitos", sentenciou. E o certo é que, segundo o comité de empresa, a dirección da televisión pública tería presionado @s profesionais á fin de intervir sobre as informacións publicadas arredor do caso Bárcenas --que salfire á cúpula do PP, tamén na Galiza-- mais tamén sobre a operación Pokemon en que se atopan imputados diversos cargos públicos populares, como os alcaldes de Compostela, o Carballiño ou Boqueixón. Neste senso, a deputada nacionalista vén de emprazar por vía parlamentar á Xunta de Galiza a que aclare se está a investigar ou "pensa facelo".

O PP ataca a oposición
A través dun comunicado de imprensa, @s populares criticaron as denuncias da oposición e aseguraron que a TVG "está a cumprir de modo axeitado o seu papel de servizo público", a respecto --din-- "dos parámetros de calidade e pluralismo".

O PP asegura que o traballo da TVG vén avalado polos índices de audiencia alcanzados e nega as manipulacións denunciadas

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Malia a que esta non é a primeira ocasión en que a oposición critica "manipulacións" informativas --durante a campaña electoral foron 25 os recursos presentados polos partidos da oposición-- o PP aproveitou a ocasión para bater contra BNG e PSdeG e empregar a estratexia do "e ti máis". @s conservadores argumentan que "na etapa do bipartito" a televisión pública "era líder en manipulación" en troca da situación actual da que, din, "os informativos da TVG son líderes de audiencia".

Nunha batalla de cifras --das que acostuma encetar o PP-- @s populares negan as presións denunciadas [email protected] traballadoras e traballadores e argüen que a TVG conta co "respaldo da audiencia".

A oposición denuncia a "manipulación" na TVG e o PP responde cun "e ti máis"
comentarios