venres 05.06.2020
Segundo a enquisa da Periòdic d’Andorra burlando a lei electoral

ERC gañaría as eleccións do 21-D pero sen garantías de maioría independentista

En segundo lugar estaría Ciudadanos, con 27-28 deputadas e deputados; seguida de Junts per Catalunya, con 25-26; e do PSC, con 23-24. Lonxe estarían Catalunya en Comú Podem con 9-10; CUP, con 7-8 e PP con 6-7 escanos.

Junqueras
Junqueras

ERC será a forza máis votada en Catalunya o 21-D pero o independentismo non ten asegurada a maioría parlamentaria. Estas son as principais conclusións da enquisa publicada este sábado polo Periòdic d’Andorra que, como vén sendo habitual, burla a prohibición de publicar sondaxes a cinco días da convocatoria electoral. 

O independentismo obtería segunda a enquisa entre 66 e 69 escanos (a maioría absoluta está en 68)


O inquérito sitúa ERC como primeira forza, que obtería entre 34-35 escanos, con folgada vantaxe sobre o resto de candidaturas. En segundo lugar estaría Ciudadanos, con 27-28 deputadas e deputados; seguida de preto por Junts per Catalunya, con 25-26; e a pouca distancia encontraríase tamén o PSC, con 23-24. Catalunya en Comú Podem conseguiría entre 9-10, a CUP entre 7-8 e como última forza o PP con 6-7 escanos.


De ser así, o independentismo non tería asegurada a maioría absoluta (68 escanos). Segundo os datos da sondaxe, as forzas soberanistas contan cunha estimación de entre 66 e 69 escanos. 
 

A enquisa revela unha alta participación do 80%. Foi realizada polo Gabinet d’Estudis Socials i Opinió Pública (GESOP), a partir de 800 entrevistas telefónicas a persoas de Catalunya. O erro da mostra é do 3,5%. Está previsto que nos próximos días até o 21-D publiquen novos inquéritos.

comentarios