Os ‘comúns’ votarán e chamarán a participar o 1-O

As basea avalan a implicación de Catalunya en Comú no referendo. Resultado da consulta interna: 59% a prol de participar e 41% en contra

Xavier Domènech e Ada Colau.
photo_camera Xavier Domènech e Ada Colau.

As bases de Catalunya en Comú apostan en votar e chamar a participar no referendo do 1-O, segundo informa Nació Digital. Unha decisión que adoptaron na consulta interna para determinar cal era o rol deste espazo político perante unha convocatoria que o Estado español considera ilegal.O resultado foi claro: 2.053 defenderon participar (59%) mentres que 1.404 posicionáronse en contra (41%). "O posicionamento é contundente", afirmou a coordinadora de Comunicació do partido, Elisenda Alamany.  

Os ‘comúns’ entenden que non poden ficar á marxe dunha convocatoria como a do 1-O cando desde o Estado español se está a despregar unha ofensiva xudicial e política que ten o rexeitamento da maioría da sociedade catalá.

Consideran que o 1-O non é o ‘referendo con garantías’ que eles demandan como ferramenta para resolver o conflito entre Catalunya e Estado español, mais consideran que actitude do goberno de Rajoy obrígalles a non caer na equidistancia.

Segundo ND, que os ‘comúns’ aposten en participar no refrendo do 1-O implica que o sector vinculado a ICV, contrario frontalmente ao 1-O, está en minoría. Agárdase que Xavier Domènech e Ada Colau anuncien en breve que irán votar o 1-O, paso que xa deron outros rostros desta formación.

Comentarios