A xunta electoral prohibe ‘esteladas’ mais autoriza símbolos franquistas

Arquivou una petición para retirar simboloxía da ditadura española dos edificios e espazos públicos, presentada polo Cercle Català de Negocis (CCN).

franquismo
photo_camera franquismo

A xunta electoral central arquivou a denuncia que o CCN (Círculo Catalán de Negocios) presentara demandado a retirada da simboloxía franquista dos edificios e espazos públicos de Catalunya, informa Vilaweb. A xunta argumenta a súa decisión porque non se acredita a “utilización partidista por parte dos poderes públicos destes símbolos”. Porén, desestima o recurso contra a orde da propia xunta de retirar ‘estelades’ (bandeira independentista catalá) po entender que representan as aspiracións de “só unha parte da sociedade catalán, mais non de toda” e os poderes públicos non poden tomar partido.

O recurso do CCN lembraba á xunta electoral que os argumentos que empregaba en primeira instancia para ordenar a retirada das ‘estaladas’ son os mesmos que xustificarían retirar a simboloxía franquista de edificios públicos.

Máis en Països Catalans
Comentarios