A Xunta electoral ordena retirar as ‘esteladas’ de edificios e espazos públicos

O organismo dá a razón á petición de Sociedade Civil Catalá de que se quitase a bandeira independentista catalá de 323 concellos cataláns.

Vía Catalá 2
photo_camera Vía Catalá 2

A Xunta electoral española acordou ordenar que se retira a ‘estelada’ (a bandeira independentista catalá) que haxa en edificios e espazos públicos. A Xunta considera que estas bandeiras son incompatíbeis coa obriga de neutralidade dos poderes públicos. A resolución dalle a razón á demanda presentada por Sociedade Civil Catalá, que lle pedía que ordenase retirar as ‘esteladas’ de espazos e edificios públicos de 323 concellos cataláns

Este organismo considera que durante os períodos electorais os poderes públicos están obrigados a manter de forma estrita a neutralidade política e han de se abster de colocar en edificios públicos e locais electorais símbolos que poidan entenderse como políticos.

No seu escrito, CCC argumentaban que CiU, ERC e CUP empregan xeralmente a ‘estelada’, de forma que esta bandeira formaba parte da simboloxía partidista. 

Máis en Països Catalans
Comentarios