2.236.806 PERSOAS FORON VOTAR NUNHA CONSULTA "ILEGALIZADA" POLO ESTADO ESPAÑOL

1,8 millóns de votos, o 80,78%, a prol da independencia

Co 100% de dados escrutados. A participación final acadou os 2.236.806 votos. O SI-SI sumou 1.861.753 papeletas, o 80,76%. A anos luz ficou o NON: 104.772 sufraxios, o 4,5%.

votação
photo_camera Votantes

Máis de dous millóns de cataláns pasaron por riba das prohibicións gobernamentais españolas e acudiron a votar no proceso participativo pola soberanía deste 9-N, no que participaron 2.236.806 persoas co praticamente o 100% escrutado, segundo datos da Generalitat,o que supón un éxito e un chamado de atención para o Estado, xa que equivale a unha maioría absoluta parlamentaria, se se usa como referencia as últimas autonómicas. 

Así mesmo, como se esperaba, triunfou a independencia. Con todo o voto praticamente apurado,, a opción ‘si-si’ gañou co 80,78% dos votos (1.861.753). O ‘si-non’ obtén o 10,07% (232.182); o ‘non', o 4,5% (104.772); o si-branco, o 0,97% (22.466); os "outros", o 3.09% (71.131) e as papeletas en branco o 0,56% (12.986)..

Antes dos datos, compareceu en sede oficial o presidente da Generalitat, Artur Mas, que cualificou de “éxito total e lección de democracia” a consulta alternativa. O líder de CiU dixo que “o 9-N pasará á Historia como un fito a pesar de que tivo que facerse en condicións duras e difíciles”. Mas tamén destacou a perfecta simbiose entre a sociedade civil e as institucións e pediu manter esa unidade no futuro. Así mesmo, criticou a Madrid polas “coaccións” e tamén por responder con “intransixencia, miopía e intolerancia” á vontade da cidadanía de Catalunya, que segundo Mas “este domingo mirouse ao espello e gustouse”. “Queremos gobernarnos a nós mesmos”,finalizou. O seu socio Durán i Lleida afirmou que de non ser capaz de negociar o Estado unha saída, “a ruptura será inevitábel”. 

Pola súa parte, o vicepresidente da ANC, Jaume Marfany, agradeceu o traballo de tod@s @s voluntari@s para que a xornada se desenvolvera correctamente, e considerou que este domingo "deuse un paso moi importante no camiño cara á independencia, aínda que non decisivo".

Máis en Països Catalans
Comentarios