Vinte anos de xornalismo en catalán con Vilaweb

O portal de información cumpre dúas décadas na rede un fito para a imprensa dixital europea.

director de Vilaweb
photo_camera [Vicent Partal]

O diario dixital Vilaweb cumpre esta sexta feira (15 de maio) vinte anos na rede. Pasaron dúas décadas desde o seu lanzamento en 1995, tempo no que recolleron grandes resultados.

Na actualidade constitúe un proxecto xornalístico multiplataforma desenvolvido integramente en catalán e baixo a dirección de Vicent Partal. Aliás, puxo en andamento unha edición en inglés que coordena a xornalista Liz Castro.

Vilaweb festexará o seu 20 aniversario cun encontro da súa comunidade leitora e tamén da equipa de redacción no que se presentará o novo deseño web. 

Desde o diario salientan as subscricións como unha peza chave para o mantemento do proxecto ao lle forneceren sustento económico para continuar a facer xornalismo independente. 

Máis en Països Catalans
Comentarios