A veciñanza sae a rúa e comeza a reconstruír Can Víes coas súas propias mans

Centos de veciñ@s sacan ferramentas e comezan traballar para recuperar o edificio parcialmente derrubado que orixinou unha loita popular que forzou ao concello de Barcelona a deter a súa actuación.

canvies-crop
photo_camera Veciñ@s reconstrúen o edificio de Can Vies / Vilaweb

Centos de veciñ@s acudiron este sábado a Can Vies -en Barcelona, no barrio de Sants- con cascos de construción, ferramentas e a intención de reconstruír o edificio, que está parcialmente derribado.

Fixérono seguindo unha convocatoria dos xestores do centro okupado, que chamaron á veciñanza a levar palas, picos, cubos e outros elementos para acceder ao edificio e rehabilitar o derruido despois do desalojo desta segunda-feira, que provocou unha protesta veciñal que tivo que ser atendida polo concello, que paralizou a súa actuación

Unhas vinte persoas accederon ao recinto para valorar o estado do inmoble e comezaron a sacar escombros para despexar a zona, ante a mirada inicial duns poucos axentes de policía e Bombeiros de Barcelona, que non interviron.

@s veciñ@s decoraron con macetas a máquina escavadora -que a principios de semana foi parcialmente incendiada durante uns incidentes- e recollen fondos para a reconstrución entre @s presentes.

Á convocatoria acudiron veciñ@s de todas as idades, incluído un grupo de nen@s que pintan no chan un mural en apoio a Can Vies, e o obxectivo era facer unha cadea humana que chegase até a sé do distrito de Sants para depositar na porta os escombros, algo que a primeira hora da tarde xa parecía case conseguido.

Máis en Països Catalans
Comentarios