O unionismo busca atrancar a declaración independentista en Catalunya

PP, Ciutadans e PSC únense para recorrer perante o TC a declaración presentada por Junts pel Si e a CUP. 

Parlamet
photo_camera [Imaxe Parlament de Catalunya]

Por volta dunha hora e media durou esta terza feira (3 de novembro) a Xunta de portavoces do Parlament de Catalunya convocada pola súa presidenta, Carme Forcadell. 

Sen a presenza do representante do Partido Popular, que aínda non se constituíu como grupo, as forzas políticas con representación aprobaron a tramitación da declaración de ruptura co Estado español que presentaron conxuntamente Junts pel Si e a CUP

Desde o PP tildaron de "ilegal" a xuntanza embora existiren dous precedentes, segundo argüiu Junts pel Si. No concreto dous, un na lexislatura de 2006 e outro en 2010 cando o órgao se reuniu sen que os grupos parlamentares estivesen constituídos e sen que se producisen queixas ao respeito. 

En 2006 e 2010 a Xunta de portavoces reuniuse sen estaren constituídos os grupos parlamentares

A demora na constitución do grupo parlamentar popular fai parte da estratexia deseñada pola formación para retrasar a tramitación da declaración ao tempo que ameazan cunha fronte conxunta con Ciutadans e PSC para a recorreren xudicialmente perante o TC e evitar así que chegue a pleno. Un feito que levarán a cabo mañá (4 de novembro).

Así as cousas, a presidenta da Cámara lexislativa, Carme Forcadell, considerou que embora non estivese presente o representante do PP, a xunta aprobou continuar adiante coa tramitación da iniciativa polo que se convocará un pleno extraordinario. 

Desde Catalunya Sí que es Pot --coligazón eleitoral de Podemos e ICV-EUiA-- pediron que se declarase nula a Xunta por "violentar" o regulamento e "os dereitos dos deputados". 

Máis en Països Catalans
Comentarios