Unió abandona o Govern e racha a alianza con Convergència

Unió deixa a Generalitat e podería desfacer a federación, malia que Duran i Lleida o rexeita.

Vilaweb
photo_camera [Imaxe Vilaweb]

A independencia podería rachar máis de trinta anos de alianza. Esta cuarta feira (17 de xuño) a dirección política de Unió decidiu abandonar o Govern da Generalitat, presidido por Artur Mas, e podería esfarelar a federación. 

Segundo recolle o xornal dixital Vilaweb, a decisión foi adoptada por 16 votos a favor, 10 en contra e 2 abstencións. No marco desta ruptura a vice-presidente Joana Ortega, o conseller de Interior, Ramon Espadaler, e o conseller de Agricultura, Josep Maria Pelegri, sairán do Govern aínda que apoiarán o executivo de Mas en aras da estabilidade.

De acordo coa información difundida por Vilaweb, na que se cita fontes presentes na xuntanza, estas persoas serán substituídas por outras pertencentes ao sector independentista de Unió. Así as cousas, a formación liderada por Duran i Lleida prevé manter as alcaldías. 

Porén, Duran i Lleida asegurou en comperencia de imprensa que a decisión é "por coherencia" mais que non visa "rachar coa federación de CiU". 

Máis en Països Catalans
Comentarios