Unha enquisa da Generalitat concede a vitoria a ERC de haber hoxe eleccións en Catalunya

A formación independentista acadaría 38 ou 39 deputa@s namentres as CUP dobrarían a súa representación(6) e CiU perdería arredor de quince escanos. A independencia gañaría hoxe un referendo pola autodeterminación en Catalunya ao ter o 56% dos apoios segundo este barómetro

ERC, Oriol

Esquerra Republicana de Catalunya gañaría as eleccións catalás se estas tivesen lugar agora e lograría o 24,4% dos votos e entre 38 e 39 deputad@s, fronte aos 21 actuais. Así o asegura o barómetro de verán do Centro de Estudos de Opinión (CEO) da Generalitat, que se fixo público este xoves.

Na segunda posición quedaría a gobernante CiU, que pagaría as políticas de recortes e a ambigüidade co proceso soberanista e que se agora ten 50 escanos ficaría entre 35 e 37, cunha intención de voto do 22,8%, mentres que o PSC manteríase como terceira forza con 16 escanos, catro menos que na actualidade.

PP e ICV-EUiA empatarían con 13 e 14 representantes, o españolismo de C's lograría 12 parlamentari@s e a esquerda independentista e social das CUP duplicaría o seu resultado e pasaría a ter seis deputad@s. 

Independencia

Segundo o barómetro de CEO, de haber hoxe un referendo de autodeterminación en Catalunya, gañaría a opción da independencia, escollida polo 55,6% das e dos entrevistados. De feito, un 22% d@s votantes do PSC e un 44% de ICV-EUiA decláranse independentistas.

Máis en Països Catalans
Comentarios