O CARGO QUE ENFRENTA é UN DELITO DE DESOBEDIENCIA

O TSXC eleva a temperatura política ao imputar Mas pola consulta do 9N

Mas declarará como imputado o 15 de Outubro, que non é un día calquera, senón aquel no que se conmemora o 75 aniversario do fusilamento de Lluis Companys a mans das tropas franquistas após ser entregado ao Estado español pola Gestapo.

Artur Mas [Imaxe NAIZ]
photo_camera Artur Mas [Imaxe NAIZ]

Artur Mas continúa no ollo do furacán. Non só porque a CUP non o quer como presidente da Generalitat, embora continúe a ter formalmente o apoio de Junts pel Sí, senón porque esta terza feira acaba de ser imputado polo TSXC pola organización da consulta do 9N.

Non só é imputado Mas, senón tamén a conselleira de Educación; Irene Rigau, e a ex conselleira de Governación e ex vicepresidenta, Joana Ortega.

O aínda presidente da Generalitat terá de comparecer perante o tribunal o 15 de outubro, en tanto que Rigau e Ortega o farán o día 13.

Máis en Països Catalans
Comentarios