O pleno do Tribunal Constitucional español acordou esta cuarta feira (12 de novembro) admitir a trámite o recurso de inconstitucionalidade presentado polo executivo de Mariano Rajoy.
O TC advirte das responsabilidades "mesmo penais" que atinxirían 21 altos cargos se incumpren a suspensión
A decisión, adoptada por unanimidade, supón a suspensión da declaración de desconexión aprobada polo Parlament de Catalunya na segunda feira (9 de novembro). Aliás, advirte a 21 altos cargos dos prexuízos que podería carrexar "ignorar" ou "eludir" a suspensión, "apercibíndolles das eventuais responsabilidades, incluída a penal".
Entre estas persoas atópanse a presidenta do Parlament, Carme Forcarell, e demais integrantes da Mesa da Cámara xunto co president en funcións de demais persoas que fan parte do Govern en funcións da Generalitat.