O PSC desmárcase do proceso soberanista

A dirección política da formación acordou nunha votación secreta descolgarse da folla de rota aprobada polo Parlament. 

 

Após meses a medio camiño entre a defensa do dereito a decidir e a aposta federal deseñada desde Madrid o PSC aprobou esta fin de semana unha proposta de resolución (co 83% dos apoios no Consello político) para desmarcarse do proceso soberanista iniciado en Catalunya. 

Así, o partido encabezado por Pere Navarro acordaron "votar en contra de calquera proposta ou iniciativa lexislativa relacionada coa consulta que non for previamente negociada e acordada co Goberno español". No entanto, o sector máis crítico da formación --que solicitou unha votación secreta-- asegurou após coñecerse o resultado que non desbotan a posibilidade de rachar coa disciplina de voto en vindeiras votacións. 

Rexeitan a consulta popular e demandar competencias ao Goberno 

E é que o vindeiro 4 de decembro o Parlament catalán votará unha proposta de resolución encamiñada a reclamar a Madrid a competencia que permitiría ao Govern da Generalitat convocar un referendum --até o momento é o executivo español en exclusiva quen conta con esta capacidade. Desde o PSC rexeitan esta iniciativa así como fixar unha data e pregunta para a consulta popular o que coidan é "outro erro político". 

Con esta decisión o PSC afortala as súas posicións federalistas e entra no rego deseñado por Ferraz, embora negaren oficialmente esta idea. "Até aquí chegamos", sentenciaron desde o PSC, "non imos ir en compaña dalgo que é un suicidio".  

Máis en Països Catalans
Comentarios