Països Catalans

O PP, sétima forza política en Catalunya segundo un estudo da Generalitat

O PP, sétima forza política en Catalunya segundo un estudo da Generalitat

O inquérito foi elaborado entre o 29 de setembro e o 20 de outubro entre unha mostra de 2 mil persoas.

9nvotar

Un estudo de opinión elaborado pola Generalitat de Catalunya dá a vitoria electoral a ERC de se realizaren agora eleccións ao Parlament. Neste senso, segundo a intención directa de voto, CiU converteríase en segunda forza cun 13,8% de apoios mentres que o Partido Popular se sitúa como a última forza política, xunto con Ciutadans (2,2%). Podemos irrompe na Cámara lexislativa (6,2%) --coa mesma intención de voto que a CUP-- por riba de ICV-EUiA que fica cun 3,7% de apoios. 

O PSC perde posicións, mais mantense por riba do Partido Popular cun 5,8% de [email protected] que o votarían. Porén, as persoas que din non saber aínda a quen apoiarían nestes comicios sitúanse como a segunda forza política en Catalunya despois de Esquerra, co 15,3%

ERC gañaría as eleccións ao Parlament de Catalunya e CiU tornaríase segunda forza. Podemos entraría na Cámara igualando a CUP

A simulación muda un pouco se a pregunta inquire á cidadanía por un proceso electoral ao Congreso [email protected] [email protected]. Neste caso, a forza política máis votada continúa a ser ERC co 18,4% seguida dun 14,8% de persoas que din non saber e o 14,6% que afirma que non votaría. CiU situaríase por baixo de Esquerra co 11,3% e a grande sorpresa tórnase Podemos que recibiría o 10,7% dos apoios

O PSC caería até o 6,9% e ICV-EUiA ao 3,6%. A CUP ficaría cun 3,1% mentres que o Partido Popular obtería o 2,8%. A súa voceira, Alicia Sánchez Camacho sitúase como a política peor valorada de [email protected] @s responsábeis, mentres que o mellor puntuado é David Fernández da CUP. 

Alicia Sánchez Camacho (PP) é a política peor valorada e o seu partido o menos votado xunto a C's

Os resultados deitados polo inquérito da Generalitat apuntan tamén a un importante apoio cidadán á independencia. Neste senso, o 45,3% das respostas aseguran que a relación entre Catalunya e o Estado español deberían basearse nun "Estado independente" fronte ao 23,4% que apoia o mantemento da comunidade autónoma e un 22,2% que defenderían un modelo federalista. 

Así pois, na consulta popular do 9 de Novembro o 64,2% [email protected] enquisados di que votaría 'Si' á primeira pregunta. De entre estas, o 76,9% votaría 'Si+Si' por razóns maioritariamente de tipo económico. O duplo 'Si' obtería polo tanto o 49,4% dos votos. 

A respeito dos problemas que atinxen o país, a cidadanía coida que o desemprego e a precariedade laboral son a maior preocupación co 58,7%; seguido polo funcionamento da economía (40,3%) e a insatisfacción política (37,1)%). En cuarta posición atópanse as relacións entre Catalunya e España (23,9%). 

Máis en Països Catalans
comentarios