Patatús na España cañí: o cantante Dyango declárase a prol do referendo de autodeterminación catalá

Representou o Estado español no festival da OTI e un dos seus temas máis coñecidos foi a versión de 'Suspiros de España'. Defendeu en 13TV, a cadea da Conferencia episcopal, o dereito a decidir de Catalunya. Vídeo no interior

Ningún golpe de efecto que fose planeado por CIU-ERC-CUP para deixar paralizados e desorientados aos españois lles tería saído mellor. Dyango, o cantante melódico famoso nos 80 e que representou o Estado español no festival da OTI, declarouse a prol do dereito de autodeterminación de Catalunya.

“Cantei boleros e non por iso son cubano, cantei rancheiras e non por iso son mexicano”, afirmou cando se lle preguntou por que cantaba 'Suspiros de España'

O mesmo cantante que emocionou á España máis cañí coa súa versión de Suspiros de España, defendeu esta postura nun dos programas do gosto da caverna mediática españolista, 13TV, da Conferencia Episcopal.

Ante tertulian@s da dereita máis casposa, como Isabel San Sebastián, Dyango explicou a súa participación no Concert per la Llibertat que o 29 deste mes vai ter lugar no Camp Nou, coa participación de artistas da talla de Lluis Llach, Paco Ibañez, Fermín Muguruza ou a galega Mercedes Peón,entre moitos outros. De feito, as 60.000 entradas postas á venda para este concerto xa están esgotadas

Pois ben, ante os ataques dos e das tertulianas de 13TV por tomar parte Dyango neste evento, o cantante non só defendeu o seu dereito a cantar nese concerto, senón tamén a que Catalunya teña dereito a decidir.


 


 

Máis en Països Catalans
Comentarios