O Parlament inicia a súa semana máis decisiva

O debate de política xeral comeza coa intervención de Artur Mas. A sexta feira aprobarase a Lei de Consultas.

Pleno Parlament Catalunya
photo_camera Pleno Parlament Catalunya

O Parlament de Catalunya inicia esta segunda feira a súa semana máis decisiva co eco aínda das case dúas millóns de persoas que encheron Barcelona na Diada máis reivindicativa. O debate de política xeral comezará cunha intervención de Artur Mas e a semana política catalá finalizará a sexta feira coa aprobación da Lei de Consultas.

O debate de política xeral marca o inicio do curso político en Catalunya. Vai ser o cuarto para Artur Mas, o segundo desta lexislatura. O president explicará como vai encarar o goberno catalá este mes e medio que fica para a consulta do 9N así como cuestións máis centradas na economía e na corrupción.

Após a intervención de Mas esta segunda feira suspenderase a sesión, que vai se reanudar mañá coa intervención de todos os grupos parlamentares, en orde minguante de representación. Oriol Junqueras (ERC), Miquel Iceta (PSC), que fará a primeira intervención como presidente do grupo nun debate de política xeral, Alícia Sánchez-Camacho (PP), Joan Herrera (ICV-EUiA), Albert Rivera (Ciutadans), David Fernàndez (CUP) e Jordi Turull (CiU). 

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Máis en Països Catalans
comentarios