O Parlament de Catalunya reafirma a 'declaración de ruptura' que anulou o Constitucional

JxS e a CUP salvan a unidade soberanista. Catalunya si que es Pot non vota. Ciutadans, PP e PSC lamentaron que se votase a proposta.

Parlament Catalunya Cup Anna Gabriel
photo_camera Unha sesión do Parlament.

O Parlament de Catalunya reafirmou a declaración do 9 de novembro, coñecida tamén como 'de ruptura', após días de debate e polémica, informa Nació Digital. Junts pel Si e a CUP acordaron un texto consensuado en parte mentres que Catalunya si que es Pot optou por marchar no momento da votación. A moción, pois, saiu adiante co apoio de 71 deputados, se ben JxS non apoiaron os puntos 3 e 4 da mesma, que demandaban de cargos electos e dos Mossos que desobedecesen os requerimentos do aparello xudicial español. Ciutadans, PSC e PP tentaron, ate o último momento, que o texto non se debatise nin votase.

A moción tiña como obxectivo ratificar os obxectivos da declaración do 9-N, que foi suspendida e anulada polo Tribunal Constitucional español. Cs di que este texto é unha “confrontación directa” co TC.

Anna Gabriel, da CUP; afirmou que a súa formación nunca terá un límite no “estado autoritario de dereito” e dixo que a legalidade non pode ser un límite “cando temos a razón, a esperanza e o ancei democrático por avanzar. E facémolo sen medo”. Junts pel Sí , por boca da parlamentar Marta Rovira defendeu que a moción vén refendar o “mandato democrático” expresado polo pobo catalán nas urnas o 27S.  

Máis en Països Catalans
Comentarios