O president de Esquerra Republicana de Catalunya asegurou esta segunda feira que estaría disposto a se incorporar ao Govern de Artur Mas se CiU fixa unha "data que non demore moito no tempo" e "unha pregunta específica" coa que consultar ao pobo catalán nun referendo de autodeterminación. O líder de ERC respondía así á cuestión achegada polo president da Generalitat que convidaba a ERC e PSC a tomar parte do goberno catalán.
"Queremos unha data non moi afastada e unha resposta explícita a unha pregunta específica" aseverou Junqueras. Desde ERC, consideran que a crise económica non poder converterse "nunha excusa" para demorar a consulta soberanista e exixiron ao Govern de Artur Mas que poña data ao referendo ou, do contrario, racharán co pacto de estabilidade asinado após os comicios do 25N.
"Non manteremos o acordo", advertiu Junqueras, se a consulta sobre a independencia de Catalunya "se adía ou anula". Para o líder de ERC o seu apoio ou non a Artur Mas pende dun fío e atópase ligado ao futuro do pobo catalán. Aliás, asegurou que aprobará ou non os orzamentos para 2013 segundo o que "sexa máis útil para explicar á cidadanía a verdade poi, acrecentou o seu partido "non vai contribuír a alongar indefinidamente esta agonía".