As seleccións catalás poderán competir internacionalmente

O Tribunal Constitucional, máximo organismo xudicial español, rexeita a demanda presentada por Aznar en 1999 e pon como excepción que 'non se produza a confluencia dos seus intereses cos intereses propios do deporte federado español'
Partido da selección catalá de fútbol
photo_camera Partido da selección catalá de fútbol

Segundo informa o xornal dixital catalán VilaWeb, o Tribunal Constitucional español fixo pública a sentenza desestimando a demanda presentada en 1999 polo, daquela, presidente do goberno español José María Aznar. “É constitucional sempre que non se produza a confluencia dos seus intereses cos intereses propios do deporte federado español no seu conxunto”, di a sentenza deste organismo e indica que as seleccións terán liberdade de competir internacionalmente sempre que “en ningún caso, impidan ou perturben as competencias do estado de coordinación e representación internacional do deporte español”.



Máis en Països Catalans
Comentarios