O PSOE sanciona @s deputad@s cataláns mais rexeita prescindir do PSC

O único representante do PSC na Executiva do PSOE abandona a dirección d@s socialistas e deixa á federación catalá sen representación no máximo organismo. Pola súa banda, Alfredo Pérez Rubalcaba sanciona @s deputad@s que non cumpriron co mandato do partido na votación sobre o dereito a decidir incluída Carme Chacón.
Jorge Zaragoza (dereita) no Congreso durante a votación
photo_camera Jorge Zaragoza (dereita) no Congreso durante a votación

Cataláns e españois procuran calmar as augas após a votación da pasada cuarta feira no Congreso d@s deputad@s. A federación catalá --que votou a favor das resolucións presentadas por CiU e ICV apoiando o dereito a decidir do pobo catalán-- decidiu que o seu único representante no órgano de decisión da formación, José Zaragoza, demitise nun xesto de "coherencia" segundo el mesmo comunicou. Porén, a decisión --avalada por Pere Navarro-- evidencia a fenda aberta entre os dous partidos e inicia un longo percorrido cara á solución das disputas que poderían provocar a escisión do PSC. No entanto, desde Ferraz aseguran que non está entre os seus plans prescindir dunha formación sen a cal, din, o PSOE "non volvería gobernar en España".

Así as cousas, o presidente d@s socialistas non deixou pasar a actitude díscola d@s 14 deputad@s do PSC que decidiron --por vez primeira desde a Constitución española-- rachar coa disciplina de voto e apoiar unha resolución da que existía orde de rexeitar. Neste senso, Alfredo Pérez Rubalcaba imporá unha sanción de 600 euros para tod@s @s que amosaron o seu voto favorábel ás resolucións a prol do dereito a decidir de Catalunya. Tamén así, para Carme Chacón quen, tomando posicións na carreira cara á presidencia do PSOE, optou por non votar após amosarse contraria a participar do que considerou "un proceso de ruptura entre Catalunya e España".

A deputada por Barcelona será sancionada xunto c@s demais membros do PSC ao incumprir co mandato partidario.

Máis en Països Catalans
Comentarios