O pobo catalán a favor de celebrar un referendo

Unha enquisa publicada por "El periódico" descubre que o 74,1% da cidadanía quere un referendo. Realizada polo Centre d'Estudis d'Opinió (CEO) da Generalitat asegura, ademais, que o 60% dos votantes do PSC e o 26% dos do PPC apoiaría a consulta.

Os datos dunha enquisa realizada polo Centre d'Estudis d'Opinió (CEO) da Generalitat de Catalunya confirmou a decisión que tomou hai uns días o Parlamento de Catalunya: a maior parte do pobo catalán é favorábel a unha consulta soberanista. O pasado 27 de setembro o máximo expoñente da democracia catalá aprobou por 84 votos a favor, 25 abstencións e 21 en contra que na lexislatura que comezará despois das eleccións do 25-N. Daquela o PSC abstívose, a excepción de Ernest Maragall que votou a favor, e votaron en contra Ciutadans e o PP. O panorama que dá agora a enquisa do CEO é moi semellante aínda que con algunhas sorpresas.

Na enquisa sorprende que o 59,5% de votantes socialistas, seis de cada dez, estaría a favor dunha consulta popular na que se preguntara pola independencia de Catalunya

Votantes do PSC e do PP a favor
Na enquisa sorprende que o 59,5% de votantes socialistas, seis de cada dez, estaría a favor dunha consulta popular na que se preguntara pola independencia de Catalunya. En contra só estaría un 35,5%. Despois da súa abstención no Parlamento o PSC asegurou que a súa opción era a federalista e non consideraba a realización de ningunha consulta popular.

Ao contrario do que se pensa tamén no Partido Popular de Catalunya hai un importante número de votantes que aprobaría un referendo. Son en total un 26,3% do seu electorado en Catalunya diante do 65,8% que amosaron a súa postura contraria. O partido que lidera Sánchez-Camacho estivo sempre en contra da realización da consulta democrática.

N@s votantes dos partidos políticos que apoiaron no Parlamento catalán a celebración do referendo a postura favorábel é case total: un 83,4% no electorado de CiU,un 96,1 % no de ICV-EUiA un 96,1% e un 92% no de ERC.

Maragall deixa o PSC
Ernest Maragall, irmán de Pasqual Maragall, abandonou o PSC estes días despois das diferenzas que mantiña co seu partido. Segundo informa o xornal ARA a súa intención é recuperar o Partit Català d'Europa que fundara o seu irmán. A súa liña política desfendería unha "maior integración europea e unir na mesma plataforma a confederalistas e independentistas de esquerdas".

Máis en Països Catalans
Comentarios