O PSC non acepta a Declaración de Soberanía de CiU-ERC

O partido de Pere Navarro presenta a súa propia proposta malia os cambios no último borrador realizados por CiU-ERC


Os cambios que realizaron CiU e ERC no borrador para facilitar a adhesión de ICV-EUiA e PSC non foron abondo para @s socialistas e presentaron a súa proposta que, segundo o seu voceiro Maurici Lucena, "está dentro da lei". Este é o punto de discusión polo que o PSC dicrepa co presentado por CiU e ERC. "Contradí a Costitución español e sitúa a soberanía nunha entelequia", afirma o político socialista. A proposta que presentou o PSC recunca na idea dun Estado federalista.

O PSOE, polo seu lado, foi máis directo. Carme Chacón asegurou que o PSC votará en contra da Declaración de CiU-ERC.

Pleno o 23 de xaneiro

A primeira sesión do Pleno desta lexislatura no Parlament de Catalunya vai tratar as catro propostas de resolución sobre o dereito a decidir do pobo catalán presentadas por CiU e ERC, PSC, ICV-EUiA e a CUP.

Polo seu lado o PPC de Alícia Sánchez Camacho presentou unha proposta de resolución para mellorar o financiamento mais dentro do sistema común da LOFCA, no principio de solidariedade co Estado español. O PPC rexeita que a mesa admita a trámite o resto de resolucións porque pensa que están "fóra da legalidade". O texto entra a trámite mais non figura na orde do día deste Pleno.

Nesa mesma sesión comparecerá o presidente Artur Mas que aprobará a constitución das comisións e os senadores a proposta do propio Parlament.

Máis en Països Catalans
Comentarios