O escándalo de corrupción do PP reactiva @s indignad@s en Barcelona

#Tornem1F. Voltamos o 1 de Febreiro. Esta é a palabra de orde co que o movemento d@s indignad@s se reactiva en Barcelona, após o estourido do escándalo de corrupción no Partido Popular.
Praça de San Jaume
photo_camera Praça de San Jaume

Este serán, centos de cidadás e cidadáns déronse cita através das redes na Praça de San Jaume e combinaron, en asemblea aberta, a realización de distintas mobilizacións para este sábado.

Alén de adoptar o acordo de rebautizarse como #Tornem1F, o movemento acordou manter este sábado, apartir das 11 horas, unha asemblea na Praça de Catalunya. Xa á tarde, arredor das 18 horas, haberá unha marcha cara á sede do PP en Barcelona.

Máis en Països Catalans
Comentarios