Negociación xa ou plebiscitarias

Artur Mas remite unha carta ao goberno español pedindo a realización dun referendo oficial. De non haber resposta, ábrese o camiño a eleccións anticipadas.

Mariano-Rajoy-recibe-a-Artur-M_54350810692_54028874188_960_639

É 10N, o día despois a unha xornada histórica en Catalunya e, dese o punto e vista de exercicio democrático malia impedimentos legais, tamén no Estado español e mesmo en Europa. A folla de rota após o 9N pasa por dous camiños, segundo afirma Josep Rull, coordenador de CiU.

A primeira das opcións pasa pola resposta á carta que o president da Generalitat vai enviar nestas horas ao Estado español. Unha misiva na que se empraza a Mariano Rajoy a que faga un referendo oficial en Catalunya para que a cidadanía poida decidir. Mais esta petición ten unha caducidade, “non máis de dúas semanas”.

De non haber resposta abriríase unha segunda vía. A das eleccións plebiscitarias. Rull fala dunha candidatura conxunta “en clave de país” e coa independencia como alicerce. Desde ERC a súa secretaria xeral Marta Rovira avogou por un adianto electoral en chave constituínte do que derive un goberno ce concentración que camiñe cara á independencia. “Non podemos perder nin un segundo”, apuntou Rovira.

As CUP felicitaron o pobo catalán pola mobilización e participación no 9N e incidiron en que o proceso soberanista está en mans da xente e non de líderes políticos.

Máis en Països Catalans
Comentarios