Mas quere unha reunión con Rajoy para lle demandar oficialmente facer o referendo

O goberno catalá quere unha reunión co presidente español, Mariano Rajoy, para lle prantexar de forma oficial o poder facer o referendo de autodeterminación.  Rajoy, que recoñeceu que en Catalunya hai un "problema político", sinalou estar disposto a entrevistarse con Artur Mas "cando el queira, como sempre". Iso si, o marco, sinalou o presidente español, será o da Constitución española.
Rajoy e Mas
photo_camera Rajoy e Mas

O conselleiro de Presidencia da Generalitat, Francesc Homs, vén de sinalar que o goberno catalá quere ter unha xuntanza co presidente español, Mariano Rajoy. Reunión na que Artur Mas demandaría oficialmente o poder facer un referendo de autodeterminación, segundo recolle o portal catalán Vilaweb. Na súa explicación, Homs afirmou que haberá consulta á cidadanía catalán, con permiso do estado ou non. No primeiro caso, mediante referendo. E se non, botando man da lei de consultas de Catalunya, prevista no Estatut. O conseller tamén sinalou que en caso de que o Tribunal Constitucional tombe esa vía "eles (por Madrid) terán un problema".

O conselleiro de Presidencia da Generalitat, Francesc Homs, afirmou que haberá consulta á cidadanía catalán, con permiso do estado ou non

"Queremos facer a consulta en 2014, però temos que seguir unha serie de pasos.O primeiro é aprobar unha resolución no Parlament, neste mes dexaneiro. A seguinte,dirixirnos ao goberno español e, de acordo coa lei de consultas de 2010, ver de organizar a consulta conxuntamente. De momento dirán que de ningunha das maneiras. O estado é responsábel de organizar referendos. Mais o estatuto contempla competencias exclusivas da Generalitat para organizar consultas, cousa que non teñen os vascos. É tan sinxelo como exercer estas competencias".

"O estatuto contempla competencias exclusivas da Generalitat para organizar consultas, cousa que non teñen os vascos. É tan sinxelo como exercer estas competencias"

A Generalitat sinala que está disposta a dar os pasos precisos para establecer canles de diálogo con Madrid. "Non lles pedimos que deixen de ser o que son. Mais eles tampouco nolo poden pedir a nós", afirmou Francesc Homs, que incideu na necesidade de repetar a vontade dos cataláns e catalás saída das urnas nas pasadas eleccións e que deixan un Parlamento con ampla maioría de forzas a prol da consulta de soberanía.

Alianzas en Europa

O novo goberno catalá amosou a súa confianza plena en que Catalunya atopará alianzas en Europa no camiño para dar voz á súa cidadanía sobre o seu futuro. "Estou convencido de que en Europa hai persoas con conviccións democráticas. E non oculto que tamén haberá dificultades, procedentes da propia dinámica dos estados. Mais posibilidades de alianzas, hainas".

Rajoy: reunión si, mais coa Constitución como convidada

Preguntado pol@s xornalistas sobre estas declracións, o presidente español limitouse a sinalar que está disposta a manter unha xuntanza con Artur Mas. "Cando el queira, como sempre", apuntou. Iso si, Mariano Rajoy, que recoñeceu que en Catalunya había un "problema político", xa sinalou que o diálogo terá que ser no "marco da Constitución".

Máis en Països Catalans
Comentarios