Mas pedirá formalmente a Rajoy que convoque un referendo de autodeterminación en Catalunya

Bota a andar o 'Pacte Nacional pel Dret a Decidir' co compromiso de atinxir a consulta. Máis de 40 organizacións e entidades forman parte da plataforma, entre ellas ERC, CUP, CIU e ICV. Un alto cargo do PSC tomou parte na reunión

Pacte nacional

Bota a andar o Pacte Nacional pel Dret a Decidir co compromiso de atinxir a consulta. Máis de 40 organizacións e entidades forman parte da plataforma, entre ellas ERC, CUP, CIU e ICV.

O president da Generalitat de Catalunya, Artur Mas, solicitará formalmente ao xefe do executivo español, Mariano Rajoy, a realización dunha consulta de autodeterminación. Unha petición que se fará por carta, segundo explicou o portavos do Govern, Francesc Homs, posteriormente a que tivese lugar a reunión constitutiva do Pacte Nacional pel Dret a Decidir.

Na xuntanza deste Pacte, do que forman parte diferentes organizacións, entidades e colectivos, atinxíronse catro compromisos básicos, segundo recolle Vilaweb. Entre eles, o e facer un traballo de “pedagoxía” a prol do “dereito a decidir” ou ben constituir un grupo promotor que facilite máis adhesións. O manifesto base deste Pacte sinala: "Esiximos o dereito de libre exercicio a decidir do pobo catalán mediante un referendo. Apoiamos a Parlamento de Cataluña para iniciar o proceso do exercicio do dereito a decidir o pobo catalán”.

Entre as organizacións que forman parte desta plataforma están ERC, CUP, CIU e ICV. Mesmo os sindicatos CCOO e UGT estiveron presentes, así como algunhas patronais provinciais. E tamén colectivos cidadáns, ambientalistas, de defensa do idioma, deportivos,...

Máis en Països Catalans
Comentarios