Mas e Junqueras, cuarto e quinto na candidatura unitaria para o 27S

Os tres primeiros postos serán ocupados por independentes, así como o 6 e o 7. O resto, a repartir entre CDC (58%) e ERC (42%). A lista vai da man dunha folla de rota cara á independencia.

Estelada, bandeira pola independencia de Catalunya
photo_camera Estelada, bandeira pola independencia de Catalunya

O acordo entre CDC, ERC e entidades civís soberanistas para unha candidatura unitaria o 27S tomou forma nas últimas horas coa proposta dunha lista na que os tres primeiros postos sexan ocupados por independentes, no cuarto vaia Artur Mas e no quinto Oriol Junqueras. Sexto e sétimo serán ocupados por independentes. E a partir de aí o resto das prazas repartiranse entre CDC (58%) e ERC (42%). Portacentaxe que pode variar para dar acollida a representantes doutras formacións, como MES ou os escindidos de Unió. 

Mais o pacto atinxido non se limita ao deseño da candidatura, senón que garante no caso de triunfo unha maioría suficiente para a gobernabilidade e específica o desenvolvemento da folla de rota cara á independencia. É, pois, un acordo de candidatura e de goberno. CDC e ERC expuxeron o acordo no Palau da Generalitat ao resto de entidades e partidos independentistas,a CUP, os escindidos de UDC (Demòcrates de Catalunya), os escindidos do PSC (Moviment d'Esquerres), a Assemblea Nacional Catalana (ANC), Òmnium Cultural e a Associació de Municipis per a la Independència (AMI)  

A pegunta do millón é quen envabezará a lista, e as quinielas sobre nomes xa comezaron. Nos medios catañáns fálase de Carme Forcadell, ex presidenta da ANC, ou Raül Romeva, ex-eurodeputado de ICV, entre outros. 

A CUP, con lista propia

A CUP concorrerá con lista propia nas eleccións do 27 de setembro baixo o nome CUP-Crida constituent. A formación independentista argumentou a súa non participación na candidatura conxunta en que "cambiaron a proposta pola que se nos convocou nun princpio", referíndose a unha listaxe sen políticos e integrada exclusivamente por persoas da sociedade civil catalá. 

Máis en Països Catalans
Comentarios