Mas dá un paso adiante cara á garantir a consulta do 9N

O presidente da Generalitat asina o decreto de designación da Comisión de control da consulta malia a suspensión do Tribunal Constitucional. O goberno español estuda se incurre nun delito.

Artur Mas
photo_camera Artur Mas

Artur Mas asinou esta quinta feira o decreto de nomeamento d@s sete membros da Comisión de Control da consulta do 9N malia suspensión cautelar da lei de consultas e o decreto de convocatoria polo Tribunal Constitucional. Unha decisión que para Vilaweb é “un paso adiante na desobediencia política ao TC” e para Nació Digital: “Mas se la juga”. Nos medios españois (do ABC e El País) a palabra máis empregada é 'desafío'.

Esta rúbrica é a materialización, informa ND, da designación aprobada polo Parlament das 7 persoas que han integrar a comisión. Nesa sesión parlamentar houbo ameazas de PP e Ciutadans por entender que esa simple votación xa era cometer unha ilegalidade.

A sinatura chega a véspera da reunión que van ter representantes de CIU, ERC, IC-V e CUP coa intención de adoptar unha resposta unitaria contra a suspensión dictada polo Tribunal Constitucional a instancias do goberno español.

“Paremos as aulas, activemos a democracia”. Universitari@s polo 9N

Varios centos de universitarios manifestáronse esta quinta polas rúas de Barcelona para rexeitar a decisión do TC e defender od ereito do pobo catalán a votar o 9N. “Aturem les classes, activem la democràcia" (Paramos as aulas, activamos a democracia) foi a palabra de orde.

O colectivo Desobedeïm acampará desde estsa quinta na Plaça de Catalunya de Barcelona para exixir que as urnas saian á rúa o 9N independentemente do que diga a legalidade española.


 


 

Máis en Països Catalans
Comentarios