Catalunya 25-N, eleccións a modo de referendo

O presidente da Generalitat xustifica a decisión pola negativa do Estado español a negociar o pacto fiscal e o cansazo da poboación catalá.
Mas no Parlamento Catalán
photo_camera Mas no Parlamento Catalán

O de hoxe no Parlamento catalán non foi un Debate de Política Xeral común. O presidente da Generalitat respondeu ás expectativas de saber cal sería a “folla de ruta” do seu goberno, e de paso a de Catalunya se seguimos os acontecementos e as propostas da Assemblea Nacional Catalana na masiva manifestación independentista da Diada.

Mas non agardou ao final e iniciou a súa intervención coa convocatoria de eleccións para o 25 de novembro. O seu partido estivo até última hora negociando unha proposta con ERC, ICV e Solidaritat sobre a realización dun referendo de autodeterminación e a convocatoria de eleccións anticipadas. Este segundo punto xa se confirmou, falta ver o primeiro que ten de prazo até esta quinta feira, cando pasará a votación.

As eleccións representarán, para moit@s, un referendo popular sobre a independencia de Catalunya

Artur Mas propón un camiño “paso a paso” que consta primeiro dunha consulta popular “sen data” en que traballan todas as formacións políticas a excepción de PP e Ciutadans.

Estratexia
Ninguén quere perder o apoio popular da manifestación do 11-S. A Diada marcou moito a estratexia non só de CiU, senón tamén no PSC nos últimos días. Se a formación que lidera Artur Mas dá pasos contando coa oposición de esquerdas e independentista, @s socialistas están descolocados. Despois da visita de Rubalcaba a Rubí e as súas declaracións en clave madrileña contra a independencia, a actitude d@s socialistas de Catalunya mudou nos últimos días até o punto de apoiar un hipotético referendo de autodeterminación. O PP e Ciutadans, polo seu lado, non querían unhas eleccións que significarían, a tan curto prazo, un verdadeiro referendo sobre a independencia de Catalunya.

Máis en Països Catalans
Comentarios