Máis de 125.000 persoas inscríbense en dúas semanas na Cadea pola Independencia de Catalunya

A organización da cadea humana pola independencia que percorrerá Catalunya de norte a sur o 11 de setembro quer conseguir a “mobilización máis multitudinaria da historia dos Países Cataláns”

Assemblea Nacional Catalana (ANC) e Òmnium Cultural anunciaran hai uns meses que o 11 de setembro unha gran cadea humana percorrería toda Catalunya sumando centos de milleiros de persoas pola independencia nacional. “A mobilización máis multitudinaria da historia dos Países Cataláns e das máis importantes de Europa”, sinalaron.

O prazo para se anotar nesta cadea humana pola independencia abriu hai dúas semanas. Nese tempo, máis de 125.000 persoas anotáronse para participar na mesma. Unha avalancha de inscricións que xa provoca que haxa tramos da cadea humana que estean completos e non se poda participar neles.

“Que o mundo mire ese día a Catalunya para que vexa cal é a vontade maioritaria e democrática do pobo catalá”

Evidenciar a maioría pro-independencia

A cadea humana unirá cidades e vilas de Catalunya, desde El Pertús (nos Pirineos) a Alcanar (lindando con Valencia). @s organizador@s inciden en que con esta iniciativa, o que se procura é “evidenciar a existencia dunha maioría social favorábel á independencia” , así como implicar á clase política “en que de os pasos precisos ara atinxir un estado propio”.

Máis en Països Catalans
Comentarios