Madrid podería querelarse contra Mas mesmo co criterio en contra dos fiscais cataláns

A presión da Moncloa podería estar a piques de dar os seus froitos. Fontes xurídicas informan de que esta o fiscal xeral do Estado e o chefe dos fiscais cataláns acordarán a presentación da querela.

Esta segunda feira está axendada unha nova reunión da Xunta de Fiscais de Catalunya. O encontro desta cúpula realizado a pasada sexta feira concluíu sen acordo e cunha maioría de fiscais a expresaren a súa posición contraria a interpor cualquer querela contra Mas.

Mas fontes xurídicas informan de que a posición da XFC non é vinculante -nen sequer teria sido necesario que fose reunida- e que basta coa vontade da Fiscalía Xeral -dado que esta é unha institución fortemente centralizada e hierárquica- para a demanda contra o Govern se materializar.

Todo aponta a que o cargo que se apresentaría contra Mas sería o da desobediencia

En principio, todo aponta a que o cargo que se apresentaría contra Mas sería o de desobediencia, após se desbotar a demanda por prevaricación ao considerar que non existiu ningún acto administrativo impugnábel.

O anuncio da hipotética denuncia podería producirse após Romero de Tejada dar traslado da súa decisión ao fiscal xeral do Estado, Eduardo Torres-Dulce. Formalmente, é a fiscalía catalá a que debe presentar a demanda ao seren os querelados -Artur Mas e Joana Ortega, presidente e vicepresidenta do Govern- aforados.

En círculos xornalísticos e políticos dase por suposto que a presentación da demanda precipitaría a convocatoria de eleccións antecipadas -que Mas quixera plebiscitarias.

Máis en Països Catalans
Comentarios