sábado 31/10/20
ESTADO

O líder de UGT en Cataluña apoia a cadea humana soberanista

“Unha maioría moi ampla quere o dereito a decidir. Estamos [email protected]” afirma Josep María Álvarez, que estuda participar do acto da Diada que convoca ANC.

UGT en Catalunya
UGT en Catalunya

A forza da demanda soberanista en Cataluña non para de medrar e vai moito máis alá do movemento nacionalista para converterse nunha reivindicación tan masiva como transversal. Así, o secretario xeral de UGT Catalunya, Josep Maria Álvarez, defendeu a cadea humana que a Assemblea Nacional Catalá (ANC) organizará esta Diada. “Na fase na que estamos, teriamos que facer un esforzo para sumar e alcanzar un fito anhelado por unha maioría moi ampla como o dereito a decidir”.

“España ten que tomar conciencia de que podemos marchar, e isto non é unha brincadeira, estamos [email protected]”, declarou o dirixente sindical, que engadiu que non reclaman dereitos “diferentes dos que teñen outros pobos”. Tamén lembrou que “a lingua é nosa”, en resposta ás decisións xudiciais contra o modelo lingüístico propio.

En canto á súa participación este 11 de setembro na cadea humana, que pretende cubrir 400 quilómetros entre Alcanar (Tarragona) e La Jonquera (Girona), o líder de UGT en Cataluña estuda participar malia que sempre o faría de forma persoal, non representando á totalidade da súa central.

comentarios