Junqueras pide eleccións e Guardiola vota “como primeiro paso para expresarse”

O líder de ERC solicita uns comicios que “permitan construír unha maioría independentista” e o ex-adestrador do Barça lanza o desexo de que “cheguen días mellores”.

guardiola-crop
photo_camera Guardiola vota.

O presidente de ERC, Oriol Junqueras, afirmou este domingo tras votar no 9-N que o proceso participativo é un "paso máis" no camiño cara á independencia de Catalunya.

O líder de Esquerra destacou que o momento decisivo serán unhas “eleccións parlamentarias que permitan construír unha maioría parlamentaria independentista”.

Así mesmo, o ex-adestrador do Barcelona e actualmente no Bayern de Múnich, Pep Guardiola, votou no proceso participativo na Institución Cultural CIC de Barcelona. O símbolo culé non quixo desvelar o sentido do seu sufraxio pero declarou que o importante é formar parte desta xornada “histórica” para que "cheguen días mellores".

En declaracións aos xornalistas antes de acudir a mesa de votación, Guardiola explicou que non ten claro “se a maioría dos cataláns quere a independencia", pero remarcou que a votación deste 9-N é o primeiro paso para expresarse".

Máis en Països Catalans
Comentarios