“De concorrer ás europeas sería con forzas que defendan o proceso independentista”

A Candidatura d'Unitat Popular (CUP) vive un momento doce con tres deputados no Parlament e a ollada posta nas municipais de 2015. Aínda así deixan aberta a porta a participar nas europeas do ano vindeiro. Entrevistamos a Joan Teran, do secretariado nacional da organización.

Hai un ano conseguiron entrar por primeira vez no Parlament. Como valoran estes 365 días?

Non podemos analizar este primeiro ano sen ter en conta o que pasou fóra do Parlament, o que vive a xente na rúa. Co traballo parlamentario vimos algo que xa sabíamos: esta institución nin é útil nin defende os intereses da maioría da xente (...) Levounos tempo coñecer os seus mecanismos e aínda así cremos que achegamos algunhas cousas. Como mínimo explicar fóra o que pasa dentro e tentar facerlles a vida imposíbel mentres eles nola fan a nós.

Participaron nas eleccións europeas de 2004 e non nas de 2009. Cal vai ser a súa actuación nas de 2014?

(…) Aínda non decidimos se participaremos, en todo caso, temos claro que se fósemos tería que ser [as forzas coas que se coligaren] de acordo con algúns puntos. En primeiro lugar, co proceso de ruptura independentista que se presenta no Principat de Catalunya; en segundo lugar, co cambio de modelo económico e social imprescindíbel diante da crise que vivimos e, en terceiro lugar, coa denuncia das institucións europeas que son as máximas responsábeis das políticas de austeridade (...)

Entrevista completa no nº75 do Sermos Galiza

Máis en Països Catalans
Comentarios