Un imitador do president catalán consegue falar por teléfono con Mariano Rajoy

O presidente español, en ton cordial, chegou a dicirlle ao interlocutor que lle chamaría para fixar un encontro porque prevía que ía ter "a axenda moi libre". Audio no interior

Un imitador do president catalán, Carles Puigdemont, puido falar na mañá desta quinta feira por teléfono co presidente español, Mariano Rajoy, a través da emisora Ràdio Flaixbac. Un membro do programa 'El matí i la mare que el va parir' fíxose pasar por Puigdemont e telefonou A Moncloa para pedir se lle podían pasar con Rajoy. Para a súa sorpresa, a secretaria informáballe que nuns minutos podería pasarlle a chamada e así foi, dando lugar a unha conversa entre o presidente español e o imitador do president catalán.

O diálogo foi en ton cordial e Rajoy mesmo comentou ao seu interlocutor que se coñeceran na inauguración do AVE en Girona cando era alcalde. Mesmo, na conversa, Rajoy chegou a dicir que chamaría a segunda feira, 25 de xaneiro, ao seu interlocutor para fixar unha data para se reunir porque cría que ía ter a “axenda moi libre”.

Cando os membros do programa revelaron en antena a Rajoy que todo era unha brincadeira o presidente español en funcións respondeu: “Isto non é serio”, mais non colgou. 

Máis en Països Catalans
Comentarios