Un vídeo con Guardiola explica o proceso de independencia de Catalunya aos alemáns

O traballo fíxose con entrevistas subtituladas ao alemán nas que o adestrador do Bayer fala sobre Catalunya, o idioma ou o dereito a decidir. Podes ver o vídeo no interior

Cando se anunciou a sinatura de Pep Guardiola como novo adestrador do Bayer de Múnich, polas redes sociais axiña saíron ideas e propostas para facer del un bo embaixador do proceso de independencia de Cataluña.

Guardiola, como relata Vilaweb, nunca ocultou o seu compromiso nacional e os seus desexos e aspiracións dunha Cataluña 'plena'. Así, na manifestación histórica do 11 de setembro do ano pasado, o ex-adestrador do Barça enviou unha mensaxe de vídeo gravada en Nova York, e na que expresaba o apoio ao movemento de autodeterminación.

Eureka!

Esta situación foi aproveitada por un internauta, conta Vilaweb, que fixo un vídeo con fragmentos de entrevistas e conferencias de prensa de Guardiola sobre Catalunya, o catalán e o seu compromiso coa autodeterminación do seu país.

O vídeo ten subtítulos en alemán e explica a situación actual de Cataluña e as e os cataláns por ser donos do seu propio futuro.

Máis en Països Catalans
Comentarios