O Estado, disposto a suspender a autonomía catalá para boicotar a consulta

O ministro de exteriores afirma perante 58 embaixadores que o goberno central ‘’non tolerará en ningún caso’’ a independencia de Catalunya e que para impedila empregará ''todos os medios''.

García-Margallo
photo_camera García-Margallo

García-Margallo, ministro de Exteriores do Goberno español, advertiu que o executivo central está disposto a empregar “todos os medios” que teña o seu alcance e que lle permita a lei para impedir que Catalunya realice o 9N o seu referendo. A preguntas de se iso implicaba a suspensión da autonomía catalá, Margallo conestou que si.

Margallo, que se define como “patriota”, aseverou que o goberno español non vai tolerar en ningún caso a independencia catalá e incidiu en que a consulta traspasa as “liñas vermellas” da unidade de España e o principio de legalidade.

Debate no Parlament

No debate de política xeral que está a decorrer no Parlament de Catalunya, ERC ofreceu ao president Artur Mas entrar no goberno para “blindar” a consulta, unha proposta que fixo por boca do seu presidente Oriol Junqueras.

Máis en Països Catalans
Comentarios