As forzas nacionalistas do Congreso apoian a Vía Catalana

BNG, CDC, ERC, PNV e Amaiur mostraron o seu apoio á Vía Catalana por medio do despregue dunha faixa portada por representantes de todas as forzas nacionalistas co lema “Tothom a la Vía Catalana”. 

Apoio á via catalana
photo_camera Apoio á via catalana

As forzas nacionalistas con representación no Congreso dos Deputados de Madrid reclamaron co acto simbólico o apoio á cadea humana a prol da independencia que a Asemblea Nacional Catalana ten convocado para o próximo día 11 de setembro, coincidindo co día da Diada. A deputada do BNG, Rosana Pérez, sumouse ao acto reivindicativo no qe participaron deputados e deputadas das outras forzas nacionalistas. 

Consulta soberanista

Pola súa Parte, Arthur Mas reafirmouse diante do Consell Nacional de CDC reunido en Bellaterra no seu compromiso de celebrar a consulta pola autodeterminación no 2014 no que chamou “un marco legal”, é dicir, “acordada ou tolerada” polo Estado.Arthur Mas manifestou a vontade de acordar antes de fin de ano a data e a pregunta ou, no seu caso, preguntas da consulta “Co máximo consenso posíbel” e repetiu que, de non ser posíbel, convocaría eleccións plebiscitarias. 

Máis en Països Catalans
Comentarios