O Foro de São Paulo aproba unha declaración en favor da consulta do 9-N

No Foro, que decorre en La Paz (Bolivia), participa o Bloque Nacionalista Galego, representado pola súa portavoz na Eurocámara, Ana Miranda.

O Foro de São Paulo -entidade que agrupa a esquerda transformadora de Latinoamérica- emitiu esta sexta feira un comunicado en favor do referendo de autodeterminación de Catalunya, axendado para o 9 de novembro.

No comunicado exprésase o "apoio a proceso democrático catalán para que a cidadanía de Catalunya poda exercer o dereito como pobo".

Aliás, o Foro de São Paulo insta o Estado español e a Generalitat a dialogaren visando "procurar as condicións que garantan o exercicio democrático do dereito a decidir do pobo catalán".

O comunicado é o froito do intenso labor diplomático realizado por representantes da esquerda catalá -Nació Digital cita a ERC e ICV- cos seus homólogos latinoamericanos.

Máis en Països Catalans
Comentarios