A Fiscalía ultima unha querela por supostos delitos no 9-N

Até o momento descoñécense as persoas ás que se dirixirá e os delitos que se esgrimen nela mais podería ser presentada nas vindeiras horas perante o Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya. 

A Fiscalía Superior de Catalunya podería presentar esta terza feira (11 de novembro) unha querela perante o Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya por supostos delitos cometidos durante o proceso participativo cidadán decorrido o 9 de Novembro. 

Así o sinalan fontes consultadas pola axencia de noticias EFE que mesmo apuntan que esta podería ser presentada nas vindeiras horas. Así as cousas, descoñécense as persoas ás que se referirá e os delitos que esgrimirá. Iso si, citan as fontes consultadas por EFE, "as bases da querela son xuridicamente moi sólidas". 

Neste senso, a Fiscalía recompilou diversos dados durante a xornada de votación e mesmo no día posterior. Así, demandou aos Mossos d'esquadra que identificasen as persoas responsábeis de abrir os locais de participación a fin de determinar se se produciu un delito na cesión destes espazos. Pola súa banda, os Mossos remitiron un escrito no que a Generalitat asume a devandita responsabilidade. 

Máis en Països Catalans
Comentarios