A Fiscalía decidirá nas próximas horas se ordena a detención de Mas ou suspende as votacións

A Fiscalía Xeral do Estado está a estudar as conclusións que a Fiscalía de Catalunya lle ten dirixido en relación ás denuncias presentadas este domingo por UpyD e a fascista Plataforma por Catalunya.


UPyD pide a detención de Artur Mas, mentres que a PxC demanda a suspensión das votacións.

A FXE, cando tome unha resolución, dirixirase ao xulgado de guarda de Barcelona e aí ábrense diversas hipóteses: a) que decrete a detención de Mas; b) que decrete a suspensión c) que orden investigar os factos após a xornada de hoxe e d) que desestime as denuncias.

Máis en Països Catalans
Comentarios