ERC declina concorrer ás europeas con EH Bildu

Segundo recolle o diario basco Naiz, @s independentistas catalás optan por non coligarse con EH Bildu nas eleccións europeas de maio. 

340
photo_camera Acto de ERC

A decisión adoptarase formalmente no Consell político deste sábado 1 de febreiro mais o diario basco Naiz xa adianta que @s republican@s optando por non se candidatar de maneira conxunta ás europeas con Euskal Herria Bildu. 

A decisión, apunta Naiz, non viría determinado por discrepancias de fondo entre as formacións senón na oportunidade aberta para @s republican@s após a convocatoria do referendo de autodeterminación para o vindeiro 9 de novembro. 

Pola súa banda, EH Bildu continúa coa rolda de contactos con formacións catalás, galegas e doutros territorios do Estado á fin de artellar unha candidatura alicerzada no dereito a decidir das nacións e a ruptura co actual modelo social e económico. 

Máis en Països Catalans
Comentarios