ERC aproba en asemblea a súa folla de ruta cara a República catalá

Esquerra considera a consulta como a ferramenta acaida, mais non descarta a declaración unilateral de independencia 

Oriol Junqueras
photo_camera Oriol Junqueras

As base da ERC aprobaron por ampla maioría o relatorio política que marca o guión para alcanzar a independencia. Fixérono esta fin de semana na conferencia nacional que o partido fixo en Hospitalet de Llobregat. O texto, segundo conta Vilaweb, indica que o referendo ou consulta é "o instrumento ideal", mais non descarta eleccións anticipadas ou a declaración unilateral.

Perseveranza e coraxe

No discurso de apertura da conferencia nacional, Marta Rovira, secretaria xeral de ERC, pediu "perseveranza" e "coraxe" no camiño cara á independencia e dixo que estas dúas condicións son esenciais para alcanzala. "

Rovira tamén deixou claro que a ERC faría "todo que corresponda" para acadar un estado propio e que oos e as catalás podan decidir en que tipo de estado queren vivir.

Na conferencia nacional tomaron parte economistas, sociólogos, políticos... para debater sobre como sería unha república catalana independente e viábel. As conclusións poden se consultar na propia web de Esquerra.
 

Máis en Països Catalans
Comentarios