O embaixador dos EUA en Londres admite a posibilidade dunha Catalunya independente

Nunha entrevista concedida á BBC xa no mes de febreiro, Louis Susman sinalou que, de gañar o 'si' nos referendos escocés ou catalán "temos que achar maneiras para traballar xuntos"


O embaixador dos EUA en Londres admitiu a posibilidade dunha Catalunya independente. Fíxoo nunha entrevista concedida en febreiro á BBC na cal Louis Susman comparou o caso escocés e o catalán e sinalando que, de gañar o 'si' no referendo en Escocia, "temos que achar maneiras de traballar xuntos".

De seguido, acrecentou que "é o mesmo que acontecería con Catalunya en España" e explicou que os EUA non tomarán parte na independencia escocesa, enfatizando que Washington se manterá "neutral". 

A claridade coa que Susman falou sobre a posíbel independencia destas dúas nacións contrasta coa postura oficial mantida pola administración Obama a respeito do caso catalán.

Aínda uns días antes da devandita entrevista, unha voceira da Casa Branca respostaba a unha consulta por portal web desta institución que "estamos seguros de que o goberno e o pobo de España resolverán esta cuestión de conformidade coas súas leis e a Constitución", e refutou dar un posicionamento dos EUA por ser "un asunto interno español".

Máis en Països Catalans
Comentarios