Durán vota polo confederalismo e lembra que "non é independentista"

O líder da dereita catalanista e portavoz de CiU en Madrid acudiu a un colexio electoral onde suxeriu de novo un pacto entre as elites que resolva o multitudinario desexo soberanista. 

Durán i Lleida diante a imprensa
photo_camera Durán i Lleida diante a imprensa

O líder de CiU no Congreso e líder de UDC, Josep Antoni Duran, votou este domingo 'si-non' no proceso participativo do 9 de novembro: un 'si' á primeira pregunta -sequere que Catalunya sexa Estado-- porque non está "nada de acordo co trato que recibe Catalunya" do Estado, e un 'non' á segunda -se ese Estado debe ser independente- porque recordou que non é independentista, aínda que asegura respectar moito aos que o son.

En declaracións aos xornalistas tras votar en Barcelona, o líder da dereita catalanista e interlocutor co PP en Madrid dixo que a aposta confederal de UDC fai compatible votar tanto o 'si' como 'non' á segunda pregunta, e fixo un chamamento aos cataláns a acudir masivamente ás urnas como exercicio de "madurez política".

Máis en Països Catalans
comentarios