CRITICA O PERFIL "POUCO CATALANISTA" DA CAMPAñA ELECTORAL

Dimite a líder de Podemos en Catalunya polas discrepancias coa cúpula de Madrid

O perfil pouco catalanista da campaña electoral de Catalunya Si que es Pot e o peso que tiveron no tramo final Pablo Iglesias e Íñigo Errejón serían os motivos que levaron a Gemma Ubasart, secretaria xeral de Podemos en Catalunya, a presentar a súa dimisión.

Gemma Ubasart
photo_camera Gemma Ubasart

Segundo publica o diario El Crític, a secretaria xeral de Podemos en Catalunya, Gemma Ubasart, presentará a súa dimisión no día de hoxe polas discrepancias coa cúpula madrileña. O motivo que levaría a Ubasart a abandonar o seu cargo serían as súas diverxencias coa organización da candidatura e da campaña electoral do 27 de setembro.

Gemma Ubasart, que xa se amosara crítica co proceso de elección da candidatura de Catalunya Si que Es Pot, criticou o perfil pouco catalanista da campaña electoral e a forte presenza de Pablo Iglesias e Íñigo Errejón nos días antes dos comicios.

A renuncia de Ubasart, que en febreiro gañou as primarias do partido en Catalunya á fronte da candidatura apoiada por Pablo Iglesias, supón un duro revés para Podemos a tan só dous meses das eleccións xerais.

Máis en Països Catalans
Comentarios