Mallorca conmemora a súa Diada cunha defensa da autodeterminación dos Países Cataláns

O soberanismo mallorquín saiu este domingo á rúa nunha convocatoria unitaria cun lema claro: 'Os Paises Cataláns decidimos: Autodeterminación'. Milleiros de persoas participaron na mobilización
Estelada en Mallorca
photo_camera Estelada en Mallorca

Milleiros de mallorquíns sairon este domingo ás rúas de Palma para defender o dereito a decidir dos Países Cataláns. Unha gran manifestación ateigou rúas e prazas na demanda da autodeterminación, nunha nova mostra de forza dso soberanismo nos Paises Cataláns. A manifestación está convocada pola Plataforma 31-D, integrada por Arran, Associació Diada de Mallorca, ANC-Mallorca, Endavant, Entesa, Esquerra, Grup Blanquerna, Iniciativa-Verds, JEN-PSM, JERC, PSM-EN, SEPC, SI e STEI-Intersindical.

Aliás, a mobilización contaba tamén co apoio de entidades e colectivos veciñais, culturais, sociais ou deportivos, entre outros. Un amplo abano de sensibilidades que optaron pola unidade para nesta Diada defender os dereitos nacionais e reclamar a autodeterminación dos Países Cataláns.

"Sofremos, coma o resto de territorios dos Países Cataláns, os ataques máis duras contra a nosa identidade nacional desde a fin do franquismo"

No manifesto da Plataforma, afírmase que "as e os mallorquíns, alén dos recortes sociais e laborais, tamén sofremos, coma o resto de territorios dos Países Cataláns, os ataques máis duras contra a nosa identidade nacional desde a fin do franquismo". Para as entidades convocantes da manifestación, o estado español non pode facer ouvidos xordos ao clamor soberanista que se da nesta nación.

Foto: @armengou

Máis en Països Catalans
Comentarios