venres 24/09/21

Desconvocada á petición da CUP a cimeira independentista para falar da 'candidatura cívica' para o 27S

A Candidatura d'Unitat Popular pedíu adiar a xuntanza pois este sábado realiza en Castelló de la Plana (País Valencià) a súa Asemblea Nacional. "Temos que escoitar á militancia", dixo David Fernández.

Estelada, bandeira pola independencia de Catalunya

Desconvocada a reunión de partidos e entidades soberanistas para falar da proposta dunha 'lista cívica' para as eleccións do 27 de setembro prevista para esta sexta feira. Unha decisión adoptada a petición da CUP, como recoñeceu nunha entrevista en Catalunya Ràdio o deputado David Fernández, que solicitou adiar a xuntanza pois este sábado a formación realiza a súa Asemblea Nacional e "temos que escoitar á militancia". Posteriormente, nun comunicado, a CUP piña como límite para negicar a candidatura 'cidadá' o 18 de xullo e amosaba o seu desacordo co que cualificaba de "cimeiras espectáculo".

A reunión fica, pois, adiada até a semana que vén. A proposta a debatir, unha candidatura da 'sociedade civil' e sen políticos que agrupe a totalidade do voto independentistas. ERC, CUP e ANC apostan nesta idea. CDC é máis reticente, sobre todo porque deixaría fóra de xogo Artur Mas, que non podería concorrer nesa listaxe.

David Fernández dixo na entrevista que a candidatura 'cidadá' e sen políticos en activo é o mellor desafío que se lle pode facer ao Estado español. Advertiu das tentacións de presentar os comicios como un plebiscita sobre Artur Mas.

comentarios